Tuesday 14 de May de 2024

Cambre inicia as rozas dos camiños municipais o vindeiro luns


En principio, comezarase o vindeiro luns día 6 de xuño pola parroquia de Cecebre e irá progresivamente trasladándose ao resto de lugares con prioridade nas zonas de Festas

O Concello de Cambre inicia, como cada ano por estas datas, a campaña de acondicionamento dos camiños públicos. Esta medida levará a cabo durante os meses de verán, cando a vexetación ten un desenvolvemento máis vigoroso.
O calendario de execución dos traballos acomodarase á celebración de distintos eventos parroquiais e terá a punto as zonas onde levan a cabo as celebracións festivas de verán nos primeiros meses do verán.
En principio, comezarase o vindeiro luns día 6 de xuño pola parroquia de Cecebre e irá progresivamente trasladándose ao resto de lugares con prioridade nas zonas de Festas.
Nestes momentos faise adecuada a realización destes traballos porque, segundo os técnicos municipais, as condicións meteorolóxicas e o estado da vexetación é o óptimo.